Manolo Barros Montero, fillo e neto de mariñeiros, mariñeiro el mesmo e logo albanel, comunista ao igual que o seu pai, militante apaixoado pero comprensivo incluso cos "outros", gardaba na súa sinxeleza de home bo unha palabra amable para todo o mundo, e a historia non só del, senón dunha morea de xente que conviviu con el nas cadeas, na clandestinidade e na Transición, aquela transición que el considerou unha enorme mentira na que participou o seu partido de sempre.
As súas memorias chegan ata o tempo en que se esqueceu por primeira vez a memoria de tantos que morreran defendendo a República, ou que sen morrer, como o seu caso, pasaran torturas sen conto por ser coherentes e constantes no seu camiño de buscar un país mellor, un mundo mellor.
A pesar de que en petit comité era capaz de sincerarse e recoñecer que a nomenclatura do seu partido de sempre, o PC, traizoara a memoria de todos aqueles que quedaran no camiño, un sentido da camaradería que quizais outros non compartamos fixolle calar aspectos do interior desa formación que algún día alguén terá que contar...porque se tratou dun fato de arribistas que tiraron pola borda un partido que, ante todo, creara homes que sacrificaran incluso a súa vida persoal en aras do ben común. Algo que, hoxe por hoxe, é ben difícil de entender.
Dejar un Comentario
Quién Soy
Memoria Histórica Democrática é un colectivo cidadán nacido de forma espontánea a raíz do monumento ós represaliados, inaugurado o 29 de maio de 2004, coa colaboración do Concello de Vilagarcía.
No ano 2003 creouse unha coordinadora con famliares de asasinados e represaliados, co fin de facer xustiza en forma de Homenaxe. Decidiuse, daquela, facer no Parque Miguel Hernández o Monumento.
Tamén como consecuencia revivimos conciencias, que é unha forma de facer Xustiza... e memoria.
É despois foi cando algúns decidimos quedarnos para formar unha Comisión da memoria, porque pensamos que no está todo dito sobre aquela xeración masacrada. Hai que seguir reivindicando, sacalos dos caixóns do olvido, limpia- las telarañas, ocupando os espazos dos nosos tempos.
Por eso estamos aí.
Para contactar connosco escribe a memoriarousa@gmail.com